InicioSociedadeUnha Festa da Xuventude en pantuflas e pixama..., pero co DJ Marcos...

Unha Festa da Xuventude en pantuflas e pixama…, pero co DJ Marcos Peón

O vindeiro 16 de maio, a partir das 22:00 horas, a páxina de Facebook do Concello de Lugo emitirá música en directo para que a mocidade "manteña o optimismo" durante o confinamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Se o obxectivo é facer festa, pouco importa cales sexan as circunstancias. Mesmo que sexa na casa. De feito, así é como vai ser a Festa da Xuventude do vindeiro 16 de maio, organizada polo Concello de Lugo: en pantuflas e bailando ao son do que pinche DJ Marcos Peón do outro lado da pantalla.

“Temos que manter o optimismo e a unidade nesta complicada situación“, resaltou a edil de Xuventude, Ana G. Abelleira, que anima as mozas e mozos a unirse a este evento virtual que se emitirá ás 22.00 horas do sábado 16 a través da páxina de Facebook do Concello.

O DJ Marcos Peón, xa un esencial da festa luguesa e con proxección internacional, será quen poña a música en directo. Máis de vinte anos de experiencia en cabinas avalan a súa carreira, durante a que viaxou por gran parte da xeografía española coas súas enérxicas sesións.

Esta iniciativa súmase a outras tamén dirixidas á mocidade, como o certame de curtametraxes en confinamento ou un concurso de monólogos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...

A Xunta acusa ao PSdeG de utilización política dos usuarios da residencia das Gándaras

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu este mércores as obras postas en...

Interior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou que a nova comisaría da Policía Nacional,...

Multa de 450 euros por chamar “borrego” ao que era presidente da Audiencia provincial de Lugo

Un veciño de Lugo, en prisión por outros delitos, aceptou este mércores unha condena...