InicioSociedadeSete usuarios e tres traballadoras do centro Avime, en Cospeito, dan positivo...

Sete usuarios e tres traballadoras do centro Avime, en Cospeito, dan positivo en coronavirus

A residencia San Vitorio, en Baralla, rexistrou o contaxio dun maior; e a da Milagrosa, na cidade de Lugo, xa suma cinco empregados contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vivenda comunitaria Avime Fogar, situada no concello de Cospeito, alcanza os dez positivos confirmados por coronavirus. Segundo informa a Consellería de Política Social, as persoas afectadas son sete usuarios do centro e tres traballadoras.

Segundo publicaba El Progreso, dous dos maiores foron ingresados no HULA, mentres que os outros contaxiados foron trasladados á residencia Porta do Camiño (Santiago de Compostela), habilitada pola Xunta como punto de concentración de usuarios positivos por COVID-19.

OUTROS CASOS NAS RESIDENCIAS DA PROVINCIA

Desta maneira, este centro convértese nun dos principais focos de coronavirus na provincia, pero non é a única residencia con casos confirmados. Política Social informa de que tamén hai casos activos nos seguintes xeriátricos: residencia San Vitorio de Baralla (1 usuario e 1 empregado); residencia de Castro Ribeiras de Lea (2 usuarios e 2 empregados); DomusVi de Chantada (1 usuario); residencia de maiores de Foz (4 usuarios e 6 traballadores); DomusVi de Monforte (1 usuario e 5 empregados); residencia Betania de Viveiro (3 usuarios), residencia Mirador del Eo, en Ribadeo (2 usuarios); residencia de maiores de Burela (2 traballadores); residencia das Gándaras, en Lugo (1 traballador); residencia da Milagrosa, en Lugo (5 empregados); residencia San Rafael de Mondoñedo (1 empregado).

En canto aos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, a Xunta confirma a existencia de positivos no CAPD de Sarria (8 usuarios e 15 traballadores); na residencia Fudace, en Castro de Rei (1 usuario); na DomusVi de Bóveda (16 usuarios e 11 traballadores); na residencia San Vicente Paúl de Lugo (1 empregado); e na vivenda tutelada Ágora, de Monforte (1 empregado).

Alivio nas residencias de Burela e Mondoñedo polos resultados negativos de usuarios e empregados

ÚLTIMAS

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...

Un xigante sanitario máis forte en Lugo: a CNMC permite a compra de Clínica Gaias con condicións para evitar abusos

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) autorizou con compromisos a adquisición...

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...