InicioLugo e contornaLugoDetido un home por vender droga nunha vivenda en Lugo

Detido un home por vender droga nunha vivenda en Lugo

No rexistro do domicilio interviñéronselle 50 doses de heroína preparadas para a venda polo miúdo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home de 42 anos de idade por un delito contra a saúde pública pola venda de droga nunha vivenda na cidade de Lugo.

Segundo informou a Policía Nacional, veciños dunha rúa do centro da cidade avisaron de que durante varios días persoas descoñecidas acudían a unha vivenda do barrio onde sospeitaban que se vendía droga.

Os investigadores constataron que toxicómanos acudían ao lugar onde tiñan breves encontros sen establecer conversación e intercambiaban droga por diñeiro, indicou a Policía Nacional.

Ao ser localizado en compañía dunha muller, ao darse conta da presenza policial quixo evadirse, momento no que foi detido. No cacheo posterior atopóuselle “disimulado no cinto” doses de heroína preparadas para a venda.

No rexistro do domicilio interviñéronselle 50 doses de heroína preparadas para a venda polo miúdo, unha báscula de precisión, material envoltorio e outros efectos para a manipulación e preparación da droga.

A Policía destacou que, tras ser “coñecido policialmente como consumidor“, pasou a desenvolver “o rol de vendedor de miúdo”. Tras prestar declaración en comisaría quedou en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa citado.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...