InicioSen categorizarA Diocese de Lugo estuda colocar cámaras dentro e fóra da catedral

A Diocese de Lugo estuda colocar cámaras dentro e fóra da catedral

O templo xa foi obxecto de "pintadas" nas súas paredes e a Diocese tomou a decisión de "actuar rápido".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Diocese de Lugo estuda instalar cámaras de seguridade no interior e no exterior da catedral en puntos “sensibles”, confirmou o delegado de patrimonio histórico desa institución católica, César Carneiro, alegando que se trata de cuestións de seguridade.

Carneiro precisou que hai problemas de vandalismo desde hai anos nese templo cristián de Lugo, incluído na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Precisou que foi obxecto de “pintadas” nas súas paredes e que a Diocese se tomou a decisión de “actuar rápido”, para limpalas canto antes e evitar “un posible efecto chamada”.

Pero engadiu que “cada fin de semana as portas do templo aparecen cheas de mexo” que están a prexudicar as estruturas medievais. Como prevención para evitar que pase “algo grave”, segundo Carneiro, a Diocese estuda incrementar as medidas de seguridade e unha das alternativas é colocar cámaras de vixilancia en puntos estratéxicos como o atrio de Pío XII ou a fachada norte, que poden ser un elemento “disuasorio”.

ÚLTIMAS

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...

Un incendio calcina case por completo unha granxa de pavos do Corgo

Un incendio rexistrado na noite deste pasado luns calcinou case por completo unha granxa...