InicioPolíticaAs eleccións do 26-M, as municipais das candidaturas minoritarias

As eleccións do 26-M, as municipais das candidaturas minoritarias

Os comicios de Lugo estarán marcados por pequenas formacións incipientes, que poden neutralizarse mutuamente polo umbral mínimo de voto

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas mil trescentas papeletas. A cifra máxica nas locais en Lugo, expresada en relación á Lei Electoral, que estabelece que o reparto de concelleiros terá en conta unicamente ás candidaturas con alomenos o cinco por cento do voto válido. En 2015, Alternativa Cidadá de Esquerdas obtivo o 5,02 por cento con 2.376 apoios, equivalentes a un asento na corporación. Neste 2019, a carreira  por ingresar na cámara municipal apértase pola reactivación de vellos coñecidos da política lucense e novos actores.

Os factores para o reforzo destas forzas marxinais son varios. Primeiro, pola inercia de movementos estatais, nomeadamente Vox, que tentará aproveitar a lúa de mel en Andalucía para espallarse en zonas antes inmunes. Segundo, a vinganza de Manuel Martínez, confiando en seducir os socialistas descontentos e arrastrar votantes orfos. E terceiro, a estabilización dun sistema fragmentado e sen alternativas –salvo catástrofe– entre os partidos con representación.

Este escenario destrúe a noción de voto útil e espoldrexa a candidaturas antes anecdóticas. Dúas marcas recoñecidas volven á carga con equipos remodelados. Foro Lugo Independente, fracasada a coalición co Partido Popular, terá lista propia e tentará mellorar as 611 papeletas colleitadas para os de Ildefonso Saavedra. Con tal fin poderían contar con Agustín Pérez-Batallón, un irredento conservador da esfera do Partido Popular.

A voceira Olga Louzao, o ex de Terra Galega Jacobo Vázquez, e Juan Vidal-Pardo, coordinador de Ciudadanos en Lugo
A voceira Olga Louzao, o ex de Terra Galega Jacobo Vázquez, e Juan Vidal-Pardo, coordinador de Ciudadanos en Lugo

En paralelo, Compromiso por Galicia, que aposta forte na provincia, leva como cabeza de cartel a Manuel Hurtado, coñecido atleta lucense. Tamén na dereita soberanista, Ciudadanos incorporou a un ex de Terra Galega para apuntalar esa fronte, o avogado Jacobo Vázquez Rodríguez. A sorprendente fichaxe da formación comandada por Olga Louzao supón aínda máis competencia neste sector para o Partido Popular, que asemade terá que lidar con Vox –preto de pechar candidato– polo outro costado.

Nas filas do Partido Socialista, pola contra, temen a aparición dos independentes de Manuel Martínez. O deputado non adscrito, exvicepresidente provincial e presidente de Suplusa, planifica a vinganza contra os antigos compañeiros por medio da coalición chantadina e outra candidatura na cidade de Lugo, onde tería máis sinxelo revalidar asento na Deputación –para iso precisaría cinco mil votos–. Ten pendente confirmar á candidata, a respetada profesora Carmen González, mais está lonxe de completar os vinte e cinco postos de saída máis suplentes.

A oportunidade que supón a fragmentación para estas candidaturas minoritarias pode acabar resultando contraproducente. O electorado está desmobilizado, o que pode implicar que, aínda restando miles de votos ás formacións con representación, estas poidan manter o mesmo número de concelleiros, polo  umbral do cinco por cento. E incluso mobilizando máis electores, estarían a incrementar o número de votos preciso para entrar á corporación.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...