InicioPolíticaElena Candia insiste nos seus vínculos con Lugo: "Levo traballando por esta...

Elena Candia insiste nos seus vínculos con Lugo: “Levo traballando por esta cidade desde o 2016”

Evita falar de quen a acompañará nas listas municipais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo e vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Elena Candia, destacou os seus vínculos coa cidade de Lugo, onde encabezará a candidatura popular á Alcaldía nas municipais de 2023.

A candidata popular esgrimiu que leva “moitos anos” tendo á cidade: “Na miña acción de traballo e en min día a día, dentro do que supoñen as miñas responsabilidades como presidenta do partido ou cando fun deputada provincial ou cando encabecei a candidatura autonómica”.

Candia, con orixes en Mondoñedo, onde foi alcaldesa, subliñou que: “Lugo é unha cidade en que, desde 2016, levo dedicada a totalidade das miñas tardes, sen contar o curto espazo de tempo de presidencia da Deputación”. En concreto, foron tres meses á fronte da institución provincial en 2015.

En canto ao resto da candidatura ás municipais, Elena Candia, sinalou que “agora o que toca é ir paso a paso”, polo que ve “precipitado” dar a coñecer os nomes que a acompañarán. No entanto, subliña a “anticipación” do PP para presentala como candidata, o que considera que “é un reflexo de planificación e solvencia”. “Que temos unha folla de ruta clara, que imos en serio e implicándonos para acertar”, agrega.

Sería unha contradición tomar decisións antes de materializar esa escoita activa, onde a participación da cidadanía e dos afiliados é clave para facer un equipo ilusionante e iso leva o seu tempo”, esgrimiu. “Queda moito que facer, estamos nun tempo aceptable”, reflexiona. “Só os bos resultados poden vir coordinando un bo traballo e un traballo serio, e estamos entregados a ese labor”, resaltou finalmente.

Aínda que non se fixeron oficiais as cabezas de lista doutras candidaturas, prevese que Lara Méndez repita polo PSOE, Rubén Arroxo polo BNG e Olga Louzao por Cs.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...