InicioPolíticaTomé destaca a "proposta interesante" de Transportes para acortar o tempo de...

Tomé destaca a “proposta interesante” de Transportes para acortar o tempo de viaxe no tramo da A-6

O presidente da Deputación de Lugo afea á conselleira de Infraestruturas que "cuestione todo" sobre obras en A-6

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, afeou á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que “cuestione todo o que expón o ministerio (de Transportes)” sobre as obras no viaduto caído na A-6.  Así, censura a actitude de Ethél Vázquez tras a reunión celebrada na tarde do xoves no centro de control de túneles de Pedrafita do Cebreiro encabezada polo secretario xeral de Infraestruturas, Xavier Flores.

Alí tratou de que ou valían as súas propostas ou senón o resto de solucións eran malas. Esa non é unha forma de colaborar cando a Xunta ten unha estrada, desde fai tres meses, no Courel sen darlle unha solución e pretende que outras cousas máis complexas que a do Courel se lle dunha solución rápida, sen estudar as causas, nin cales son as mellores solucións e que non haxa problemas de seguridade para os traballadores e logo do tráfico cando se abra á circulación”, abundou.

Tomé aproveitou para “agradecer” ao secretario xeral de Infraestruturas que “viñese ata Lugo a dicir cales son as propostas do Ministerio e se era posible recoller propostas doutras administracións”. “E el estivo aberto a esa posibilidade de atender ao que diga a Xunta e a Xunta de Castela-León e entre o tres atopar a mellor solución posible”, sinalou.

O presidente provincial valorou que o Ministerio de Transportes ten “unha proposta interesante, neste momento hai un corte da autovía de once quilómetros, cun tempo que supera os 15 minutos de percorrido e a proposta que se puxo encima da mesa, quedaría reducido a pouco máis de catro quilómetros e uns tempos dependendo de si é hora punta ou non de cinco a nove minutos de atraso, neses quilómetros fóra da autovía”.

Precisamente a solución que expón o Goberno para a circulación en Pedrafita do Cebreiro consiste na habilitación de máis quilómetros de tránsito en dobre carril por sentido, dirección Madrid e A Coruña, pola autovía, o que permitirá acurtar os tempos en cinco ou nove minutos en función do momento do día.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...