InicioPolíticaO BNG solicita un pleno extraordinario para a disolución de Suplusa

O BNG solicita un pleno extraordinario para a disolución de Suplusa

A formación entende que o goberno provincial non aporta unha solución política ao pago das nóminas da sociedade do solo

PUBLICADA O

- Advertisement -

As manobras en Suplusa non cesan malia o revés xudicial que terminou coa estrutura de connivencia creada entre Manuel Martínez e o Partido Popular. A renuncia da interventora da sociedade do solo lucense por movitos persoais deixou sen fiscalizar as nóminas do mes de xullo, o que lonxe de repercutir no responsable do ente, volveuse en contra do goberno da Deputación, obrigado polo pleno a solventar estes pagos.

Esta presión increméntase agora que o Bloque Nacionalista Galego pide un pleno extraordinario en agosto para aprobar a disolución de Suplusa. “Apostamos, sen dilación, por votar disolución da entidade porque non se pode seguir nesta situación”, argumentou Xosé Ferreiro, representante da formación na Deputación de Lugo.

Da liquidación derívase que sería o ente matriz quen asumiría os compromisos adquiridos pola sociedade mercantil, encargada entre outros asuntos da construcción das residencias da terceira idade na provincia. Suplusa conta con medios propios para afrontar as nóminas, mais está sen fiscalización interna e iso impide que poida pagar ao plantel sen incorrer en irregularidade.

Antonio Veiga dialoga co seu compañeiro do BNG, Xosé Ferreiro, durante o pleno de xullo da Deputación | Óscar Bernárdez
Antonio Veiga dialoga co seu compañeiro do BNG, Xosé Ferreiro, durante o pleno de xullo da Deputación | Óscar Bernárdez

Deste xeito, sería a responsable de intervención da Deputación a que autorizase os pagos. O Bloque aposta agora por esta solución malia que  contemplou, durante o pleno ordinario de xullo, a posibilidade de que Suplusa fixera un nomeamento accidental para solucionar a vacante.

A fronte nacionalista dixo que agardaría polo informe do secretario da autoridade provincial, que en principio invalida a fórmula desexada polo Partido Popular, consistente en que a Deputación nomease a un novo interventor para Suplusa. Dende o grupo socialista advertiron que un pronunciamento neste senso resultaría ilegal, polo que instan a que sexa o Consello de Administración do ente urbanístico –onde o presidente, Manuel Martínez, e mailos populares suman maioría– para contratar outro interventor.

As posibilidades de que a proposta de disolución prospere son virtualmente nulas. Con Manuel Martínez coma deputado non adscrito, os socialistas contan con dez deputados e os nacionalistas con dous, fronte aos doce do grupo popular. Durante o pleno de xuño, a expulsión do deputado díscolo estivo a piques de facilitar a liquidación de Suplusa polo voto de calidade do presidente da Deputación, Darío Campos, mais os populares deixaron o salón de plenos antes da votación, de xeito que non houbo quorum.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...