InicioPolíticaO PP achaca a dimisión do edil Miguel Couto ao "personalismo" de...

O PP achaca a dimisión do edil Miguel Couto ao “personalismo” de Méndez

O voceiro popular, Ramón Carballo, teme un "freo" nos proxectos desta área.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFEA dimisión do concelleiro de Urbanismo de Lugo, Miguel Couto supoñerá, segundo o Partido Popular, un “freo” nesta área do goberno municipal, onde existen proxectos importantes para o desenvolvemento da cidade que levan “anos atrancados”.

A renuncia de Miguel Couto farase efectiva no pleno do 25 de marzo e, en canto ás causas da súa dimisión, o goberno local informou nun conciso comunicado que se deben a “motivos persoais”.

Non opina o mesmo o Partido Popular, cuxo voceiro, Ramón Carballo, sostén que a “dimisión do edil de Urbanismo non é ningunha sorpresa, porque xa estaba fóra da realidade municipal antes da súa renuncia”, a causa do “nomeamento do xefe de servizo” da súa área “imposta pola alcaldesa en contra do seu criterio”.

De feito, segundo os populares, foi “o personalismo de Méndez” o que forzou a dimisión de Miguel Couto, polo que Carballo pediulle á alcaldesa que “cambie de actitude” e “abandone a prepotencia para evitar máis enfrontamentos estériles”. “Antes de ningunear a Couto, abriu unha guerra pública contra o Colexio de Arquitectos”, dixo Carballo, só “por opinar sobre a lentitude na tramitación das licenzas no Concello de Lugo”.

O PP afirma que a dimisión do edil prodúcese “nun momento clave” e supoñerá un “duro golpe” para a área de Urbanismo, dado que previsiblemente veranse retardados proxectos que levan anos atrancados, “como o 5% pendente do PXOM, a actualización do PEPRI, a demolición do Garañón ou a revisión de ordenanzas como a de contaminación acústica ou a de publicidade”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...