InicioPolíticaOs socialistas de Lugo aplauden que "por fin a imaxe de Orozco...

Os socialistas de Lugo aplauden que “por fin a imaxe de Orozco e Besteiro queda reparada”

Consideran que o arquivo da causa do Garañón demostra que as denuncias "eran completamente infundadas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Secretaria Provincial do PSOE de Lugo valorou que “por fin se fixo xustiza” co arquivo do caso O Garañón, que investigaba unha suposta trama de corrupción urbanística co exlíder do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro e o exalcalde da cidade amurallada Xosé López Orozco como investigados.

Así, o PSOE da provincia de Lugo manda “un abrazo moi afectuoso” a Besteiro e Orozco, que “fixeron un espléndido traballo no Concello”. “Sempre tiveron o noso recoñecemento e, tras anos de inxustas acusacións, por fin a súa imaxe quedou reparada“, valora. “Sodes un orgullo para todos os socialistas”, agrega.

Considera que o arquivo demostra que as denuncias “eran completamente infundadas e pon ao descuberto a quen durante estes anos tratou de sacar rédito político, cuestionando a xestión do socialismo no Concello, e no nome das persoas inxustamente implicadas”.

“O arquivo é unha enorme satisfacción para todos os socialistas de Galicia, pero aínda é máis especial se cabe para todos os socialistas da provincia de Lugo”, sinala nun comunicado. Por iso, o PSOE lucense chama a “reflexionar” tras “varios anos de acusacións infundadas, do dano político e profesional inflixido a dous servidores públicos impecables”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar a A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que Lugo quedará plenamente comunicada...

Reigosa denuncia insultos e lanzamento de moedas antes da moción que pode cambiar o goberno de Lugo

A concelleira non adscrita María Reigosa confirmou a presentación dunha denuncia ante a Policía...

As obras da intermodal de Lugo estarán finalizadas en xuño

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, asegurou este luns que as obras...

Equigal recibirá 40.000 euros da Deputación para financiar a súa nova edición entre o 8 e o 17 de maio

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o responsable do Pazo de...