InicioPolíticaDenuncian unha "intolerable" campaña difamatoria contra un concelleiro de Vilalba Aberta

Denuncian unha “intolerable” campaña difamatoria contra un concelleiro de Vilalba Aberta

O grupo municipal emitiu un comunicado para expresar o seu "apoio incondicional" a Modesto Renda, que días atrás compartira unha carta aberta para sinalar as "calumnias" difundidas a través de Whatsapp relacionadas coa súa persoa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A formación Vilalba Aberta denunciou publicamente este martes “unha intolerable campaña” difamatoria contra o concelleiro e voceiro do grupo, Modesto Renda, a quen lle trasladaron o seu “incodicional apoio” fronte a uns supostos boatos —noticias falsas— que circulan a través de WhatsApp.

Vilalba Aberta, que integra o goberno local canda o PSOE, lamentou os “ataques vertidos” contra Modesto Renda, que previamente xa compartira nas súas redes sociais unha longa carta aberta á veciñanza para pronunciarse sobre a situación. Na carta, publicada o domingo 10 de maio, denunciaba ser vítima dunha campaña “artellada a nivel local” dende uns días antes co “único obxectivo” de “danar” a súa “honorabilidade” e a do grupo municipal que representa.

Renda, que non entrou en detalles sobre a “calumnia” difundida a través de WhatsApp, si que explicou que non é a primeira vez que ten que enfrontarse a situacións semellantes dende que se mergullou na política activa. Tales circunstancias mesmo o obrigaron a apartarse de proxectos máis alá do ámbito local. “Aí comecei a asumir que o ‘todo vale’ da política é real”, confesou o actual concelleiro de Comercio e Turismo en Vilalba.

Tanto el como a formación Vilalba Aberta advirten de que “calquera acusación ou difamación que atente contra a honorabilidade” do grupo ou da persoa particular “é susceptible de constituír un delito contra a honra que pode levar á interposición das medidas legais oportunas”.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...