InicioPolíticaO PP de Lugo pide ao Goberno "flexibilizar" os ERTE para que...

O PP de Lugo pide ao Goberno “flexibilizar” os ERTE para que “non se convertan en ERE”

Os populares instan a solucionar tamén o problema dos arrendatarios dos locais de negocio que teñan que facer fronte ao aluguer a pesar de ter suspendida a súa actividade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, e os senadores José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela mantiveron unha reunión coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) na que destacaron a necesidade de que o Goberno “flexibilice” os expedientes reguladores temporais de emprego (ERTE).

Isto axudaría, segundo explica o partido nun comunicado, a que cando comece a desescalada os negocios “poidan abrir en condicións seguras” , sen que estes ERTE pasen a convertirse en ERE; é dicir, non temporais. “Esta sería a maneira de manter a actividade”, aseguran os populares.

Precisamente, tras a reunión co presidente da APEHL, Cheché Real, os tres senadores apuntaron que xa rexistraron unha iniciativa na Cámara Alta para demandar ao Goberno “que clarifique cando ten previsto ingresar” a correspondente prestación aos lucenses e galegos afectados polos expedientes.

ALUGUER DOS LOCAIS DE NEGOCIO

Ademais, os populares mostraron a súa “preocupación” pola situación que se lle presenta ao tecido socioeconómico da provincia de Lugo e presentaron outras medidas no contexto da crise da COVID-19. Por exemplo, avogan por deseñar actuacións destinadas ao sector servizos e ao comercio comerciante polo miúdo que contribúan “a solucionar o problema dos arrendatarios de locais de negocio” que teñan que facer fronte ao aluguer a pesar de que están obrigados a clausurar a súa actividade.

“Pensamos que o presidente debe ter un proxecto de país para a nova normalidade que se nos aveciña. Desde logo, nada vai ser como antes e o que non pode ser é que nunha provincia como a nosa, na que o turismo e a hostalaría teñen un papel moi relevante na economía, non se lles garanta aos nosos empresarios os recursos para poder manterse abertos, así como os postos de traballo que xeran”, concluíu Elena Candia.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...