InicioPolíticaNéstor Rego (BNG) reivindica en Lugo "unhas conexións ferroviarias dignas"

Néstor Rego (BNG) reivindica en Lugo “unhas conexións ferroviarias dignas”

O deputado nacionalista no Congreso presentou na cidade o acordo ao que chegou o seu partido co PSOE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, reivindicou este xoves na cidade lucense unhas “conexións ferroviarias dignas” para o territorio, xa que esta demanda constitúe un “elemento de cohesión e vertebración social”.

Este foi o aspecto que máis destacou o representante nacionalista na súa visita á estación de ferrocarril de Lugo, que realizou xunto coa deputada no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, e o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo.

Durante a xornada, presentou aos veciños da cidade o acordo ao que chegou o partido de Ana Pontón co PSOE para apoiar a investidura que facilitou o Goberno a Pedro Sánchez. O “alicerce fundamental” no que se centran é “ter Galicia como eixo único” e “conseguir unha Axenda Galega”.

Un dos puntos desta Axenda Galega é precisamente reclamar “investimentos” para “acabar as infraestruturas que están iniciadas” na provincia. “O ferrocarril está chamado a ser un dos medios de transporte que máis crecemento mostren os próximos anos”, subliñou Rego.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...