InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaO BNG bloquea o salario do alcalde socialista da Fonsagrada por consideralo...

O BNG bloquea o salario do alcalde socialista da Fonsagrada por consideralo “excesivo”

É a segunda gran esixencia do BNG tras eleccións tras conseguir xa a renuncia do ex alcalde, Argelio Fernández, e se produce xusto un día despois de que se teña constituído o goberno conxunto entre o BNG e o PSdeG na Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A tensión entre o BNG e o PSdeG vai en aumento no municipio lucense da Fonsagrada, onde a única edil nacionalista, María Xosefa Ortiz, asegura que os socialistas non contarán co seu voto para cargarlle ao Concello dous salarios, o do alcalde, Carlos López, e a asignación parcial ao tenente de alcalde, por un importe total que supera os 64.000 euros ao ano.

É a segunda imposición de María Xosefa Ortíz tras a súa negativa a apoiar a investidura de Argelio Fernández Queipo. Isto obrigou ao ex alcalde a dar un paso atrás para permitir que a Alcaldía quedara en mans socialistas,co seu compañeiro Carlos López como rexedor local. Tras impulsar ese cambio, o BNG di agora que que non dará o seu consentimento a uns salarios que considera excesivamente onerosos para un municipio como do da Fonsagrada.

En declaracións a EFE, a edila mostrouse firme na súa decisión, porque lembra que o Concello da Fonsagrada “non pode afrontar o pago de salarios por valor de 64.000 euros ao ano cando a partida orzamentaria para investimentos rolda os 100.000 euros”. Unha nova esixencia que ten lugar xusto un día despois de que o PSdeG e o BNG tomaran posesión dos seus cargos na Deputación de Lugo, onde gobernarán conxuntamente.

“Neste concello hai moitas cousas por facer, polo que non parece de recibo que a administración local se cargue con esa masa salarial“, insistiu, e máis cando ela mesma dixo que se ofreceu para ser a primeira tenente de alcalde sen custo para os veciños da Fonsagrada, “porque ao estar xubilada non percibiría salario algún”, tendo en conta, que xa percibe o seu salario como pensionista.

O que expón o Partido Socialista, aclarou, é a contía máxima prevista para os municipios de “1.000 a 5.000 habitantes, cando A Fonsagrada ten uns 3.400 veciños”. Ortiz aclarou que o BNG lle ofreceu ao goberno local socialista, que necesita do seu voto para aprobar os salarios, a posibilidade de chegar até os 45.000 euros nas dedicacións do alcalde e do tenente alcalde, de modo que o rexedor local podería cobrar 29.000 euros anuais e deixar a cantidade restante para abonar unha asignación parcial.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...