InicioLugo e contornaPontón aposta por un "tempo novo" na Deputación de Lugo tal e...

Pontón aposta por un “tempo novo” na Deputación de Lugo tal e como quere a dirección socialista

Aposta por superar "épocas bochornosas", en alusión aos últimos catro anos da Presidencia de Darío Campos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cre necesario abrir “un tempo novo” na Deputación de Lugo, no que non haxa “continuísmo” dos últimos catro anos. Para iso, apostou por impulsar un acordo “que signifique deixar atrás unha etapa bochornosa” para a institución provincial.

Así se pronunciou con motivo da súa participación nun acto na cidade de Lugo para arroupar aos cinco concelleiros do goberno bipartito local, nun momento de disputa no seo dos socialistas pola presidencia da Deputación, entre o alcalde de Monforte, José Tomé, e o da Pontenova e aínda presidente en funcións, Darío Campos.

Respecto diso, Pontón advertiu de que “non se pode dar un debate sobre nomes” e tampouco “que ninguén venda a pel do oso antes de cazala”, posto que aínda se demorará a constitución da Deputación de Lugo e antes terán que resolverse os recursos ante a Xunta Electoral para a armar as corporacións de Monterroso e Burela. Con todo, ao referirse á “etapa bochornosa”, Pontón aludía claramente a época de Campos como presidente provincial.

“UN NOVO TEMPO”

“Os tempos nos que estamos son de falar de criterios e de principios á hora de pór en marcha un novo tempo na Deputación de Lugo. Nós non queremos falar de nomes senón de que proxecto queremos desenvolver”, resolvía.

A portavoz nacional do BNG sinalou que “de momento non se iniciaron as negociacións” co PSOE para o ente provincial. “Queremos abrir un debate global de principios e logo concretar eses principios en cada unha das deputacións porque é certo que hai experiencias diferentes. No últimos catro anos vimos como aquelas deputacións onde o BNG participou no goberno tivo un funcionamento moi diferente onde se deron pasos moi importantes para acabar co caciquismo”, destacou.

O criterio da formación é traballar para lograr que o ente provincial “sexa unha institución transparente, que realmente funcione con igualdade para todos os municipios” e, por tanto, que a base do traballo sexa un plan único onde “realmente a maioría dos recursos de recursos de maneira obxectiva“, acabando “con calquera tipo de favoritismo ou partidismo nesa institución”, puntualizou.

“Ás veces hai quen quere ir á Deputación porque cre que pode gañar peso político utilizando recursos públicos para un beneficio particular”, reprochou, insistindo en que o BNG vai “coa filosofía contraria”, apostando por dedicar os recursos a “garantir os servizos públicos”. Finalmente, sinalou que os nacionalistas continuarán traballando para lograr a desaparición destas entidades, en principio “adelgazando” as competencias provinciais.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...