InicioA UlloaOs 200 votos que valen a Deputación de Lugo para o PSdeG

Os 200 votos que valen a Deputación de Lugo para o PSdeG

PUBLICADA O

- Advertisement -

Menos de 200 votos. Iso foi o que separou ao PPdeG de ter a maioría absoluta na Deputación de Lugo que seguirá en mans do PSdeG, co apio do BNG.

Ata ben entrada a madrugada non se soubo se os populares poderían volver a gobernar o ente provincial. Finalmente, a batalla decisiva polo deputado da Montaña, saldouse a favor dos socialistas, pero por estreito marxe. A perda da maioría absoluta dos socialistas na Fonsagrada puido costarlles caro.

Os populares volven gañar en votos na provincia pero reducen o seu peso lixeiramente. Ademais, sofren dúas importantes decepcións en Lugo e Vilalba. Na capital provincial, o PSOE e o BNG suman para poder gobernar a pesar da vitoria de Ramón Carballo, mentres na vila chairega perden o histórico bastión conservador a mans dos socialistas.

A Deputación podería volver ser gobernada por un bipartito, despois de que PSOE e BNG volvan sumar 13 escanos, aínda que nesta ocasión os nacionalistas logran tres, un máis.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...