InicioLugo e contornaLugoPontón compromete "cláusulas de igualdade" na contratación pública

Pontón compromete “cláusulas de igualdade” na contratación pública

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, comprometeu este mércores en Lugo “cláusulas de igualdade” na contratación pública, nos concellos nos que gobernen, co fin de que “os recursos da administración cando contrate con empresas privadas vaian destinados a xerar igualdade”.

En resumo, o que se expón é que “con recursos públicos non se poida financiar a desigualdade”, advertiu durante un acto sobre a muller no que apoiou a candidatura de Rubén Arroxo ao concello de Lugo.

“Para o BNG unha dos sinais de identidade do noso modelo municipal son as políticas de igualdade porque nós cremos nos concellos que constrúen mulleres libres. De cara ás municipais o compromiso é claro e é que os concellos do BNG serán concellos que apliquen políticas de igualdade e políticas feministas”, prometeu.

Así, puntualizou que “unha das medidas estrela” do seu programa para as eleccións municipais é o das cláusulas de igualdade na contratación publica, para que os recursos da administración cando contrate con empresas privadas vaian destinados a xerar igualdade”, reiterou. “Queremos que os concellos sexan concellos feministas que traballan pola igualdade e contra a violencia machista”, proclamou a portavoz frontista.

Polo demais, e sobre o cuestionamiento por parte da “dereita” das políticas contra a violencia de xénero e igualdade, Pontón censurou que “é inadmisible que ningunha organización política poida cuestionar a existencia de violencia machista que asasina todos os días, que golpea á muller todos os días”.

“Toda esa dereitona que está a criticar os avances de igualdade e son un retroceso para as mulleres vai seguir quedando atrás nestas eleccións municipais”, concluíu.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...