InicioMovementos sociaisO Foucín de Honra 2020 recoñece o labor de Laura Pardeiro, a...

O Foucín de Honra 2020 recoñece o labor de Laura Pardeiro, a creadora de ‘Leiras e Marcos’

A asociación Rente ao Couce entregaralle a distinción a esta rapaza das Nogais "por ser muller, do rural, xove e por espallar unha visión de futuro, orgullo e amor polo noso".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación cultural Rente ao Couce desvelou hoxe o nome da persoa merecedora do Foucín de Honra neste 2020, que non é outra ca Laura Pardeiro, a creadora do proxecto Leiras e Marcos’. O acto de entrega será o vindeiro 12 de decembro en Becerreá, data e lugar onde se celebrará a Feira do 12.

Rente ao Couce recoñece así o labor desta moza das Nogais “que nos achega unha visión máis cercana, acertada e de futuro” sobre a comarca dos Ancares, afastada dunha mirada de “idealización”, “incomprensión” ou “absoluto esquecemento”. Faino a través das súas redes sociais e da súa revista dixital, da que Laura Pardeiro xa ten falado no Lugo Xornal algo antes de dar a coñecer que era ela quen estaba detrás do proxecto.

“Por ser muller, do rural, xove e por espallar unha visión de futuro, orgullo e amor polo noso”, Laura Pardeiro ha levar para a casa o segundo Foucín da asociación.

O ANTERIOR HOMENAXEADO

O primeiro entregáronllo o ano pasado a Alfonso Becerra como distinción ao seu labor asociativo á fronte do colectivo A Pipa. 

ÚLTIMAS

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...