InicioMedioambiente e PatrimonioComo indentificar as aves acuáticas na Lagoa de Cospeito

Como indentificar as aves acuáticas na Lagoa de Cospeito

Un obradoiro permitiu aprender a identificar as aves acuáticas invernantes na Reserva da Biosfera Terras do Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Curso de iniciación ás aves acuáticas invernantes da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Un curso que ten coma obxectivo identificar as distintas especies que habitan este ecosistema húmido co máximo expoñente na Lagoa de Cospeito.

O obradoiro tivo unha duración de 4 horas nas que os participantes aprenderon sobre a bioloxía e o estado de conservación das especies que habitan na Reserva da Biosfera Terras do Miño. A parte práctica consistiu na identificación en campo dos exemplares.

As actividades son ofrecidas pola Deputación de Lugo como complemento das actividades medioambientais do Río Rato. O deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, subliñou que “con este tipo de actividades de campo contribuímos a que os lucenses coñezan a diversidade dos animais que habitan o noso territorio”.

“O que pretendemos con este tipo de actividades é que a xente aprenda a mirar a natureza para crear unha conciencia de conservación e para que a xente aprecie a multitude de beneficios que esa conservación da natureza e das distintas formas de vida que habitan nela teñen para todo o mundo”, salientou Fernández Queipo.

O rol estratéxico dos humedais de Lugo contra o cambio climático

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...