InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Guntín restrinxe o consumo de auga en varias parroquias

O Concello de Guntín restrinxe o consumo de auga en varias parroquias

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Guntín viuse obrigado a restrinxir o consumo de auga en varias parroquias, “con cortes intermitentes”, como Mougan, San Mamede ou Lousada, tal e como confirmou a alcaldesa, María José Gómez.

Gómez confesou que hai restricións “porque non se consegue abastecer o consumo que hai“, unha situación que non acontece no “núcleo urbano”. “En Guntín mantémonos pero temos problemas para abastecer SanMamede e Lousada, un problema que xa tiñamos pero máis cara a finais deagosto ou principios de setembro”, puntualizou.

A rexedora advertiu que este ano levan “case un mes conproblemas de auga en Lousada e agora tamén na zona máis próxima ao municipio de Portomarín, onde hai máis consumo do que fornece lacaptación”.

Con todo, de momento non se viron obrigados a transportar auga aos lugares máis afectados, pero si que recoñeceu que “hai cortesintermitentes e cando se achica a auga hai que esperar a recuperar os depósitos”.

Outro lugar con problemas é Mougán e “aí o inconveniente non é que non haxa auga, senón que hai máis consumo que o que se pode fornecer”. “Aí hai algún corte, pero onde temos o maior problema é en Lousada. A maior parte da xente ten forma de abastecerse, pero notodos. Aí estamos a ter problemas”, admitiu finalmente MaríaJosé Gómez.

ÚLTIMAS

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa...

Un detido en Lugo por estafa na contratación do seguro obrigatorio de vehículos

A Garda Civil detivo a un veciño de Lugo, de 49 anos, que actuaba...

A Festa da Carballeira deixa cinco toneladas de lixo en Lugo

Un total de 5.020 quilos de residuos recolléronse durante a xornada deste xoves despois...