InicioMedioambiente e PatrimonioÁrbores autóctonas e muros de pedra perigan ante as obras dunha estrada...

Árbores autóctonas e muros de pedra perigan ante as obras dunha estrada en Friol

Nese mesmo concello, denuncian unha nova agresión a un conxunto de petróglifos. Un deles "simplemente desapareceu".

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de ampliación da estrada LU-231, entre Friol e Palas, suporán a corta de numerosas árbores autóctonas que habitan ás beiras da vía. Algunhas delas mesmo son centenarias. As actuacións tamén fan perigar muros de pedra construídos de xeito tradicional. A Asociación para a Defensa do Patrimonio Natural Galego (Apatrigal) presentara alegacións a este proxecto da Xunta por consideralo pouco respectuoso co medio.

Apatrigal trasladara á Xunta a súa oposición ás obras proxectadas nesta zona, incluída na Reserva da Biosfera Terras do Miño e pola que discorre, parcialmente, o Camiño de Santiago. Ademais, entre as alegacións presentadas incluíase un informe dun enxeñeiro de camiños, que alertaba de que as intervencións suporían un aumento na probabilidade de accidentes por “incumprir as normas estatais de estradas”.

Así mesmo, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) fíxose eco destas denuncias e levaraas ao Parlamento Galego.

DESAPARECEN PETRÓGLIFOS

Por outra banda, o colectivo Patrimonio dos Ancares alertou sobre unha nova agresión ao patrimonio arqueolóxico de Friol. Nesta ocasión, afecta a dous grupos de petróglifos situados na parroquia de Guimarei, catalogados no ano 1997 e declarados Ben de Interese Cultural (BIC).  Ao parecer, un deles foi cuberto por pedras ao acondicionar o terreo como pastizal. Como consecuencia, só se ve unha mínima parte dos gravados. O outro “simplemente desapareceu“, explican.

Os feitos xa foron comunicados á Xunta de Galicia para que, en aplicación da Lei do Patrimonio Cultural, inicie o correspondenteprocedemento sancionador.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...

O claustro do Museo Provincial acollerá as xornadas sobre patrimonio arqueolóxico lucense

As IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense centraranse no Claustro do...