InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo e Sanidade asinan o convenio que permitirá a...

O Concello de Lugo e Sanidade asinan o convenio que permitirá a reforma do centro de saúde da Milagrosa

A reforma do centro de saúde da Milagrosa en Lugo figura na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado polo Consello da Xunta de outubro de 2021.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade e o Concello de Lugo asinaron o convenio que establece as bases de colaboración entre a Xunta e a administración local respecto da obra de reforma que o Goberno galego vai executar no centro de saúde da Milagrosa.

Segundo informou Sanidade nun comunicado de prensa, o orzamento total “precisarase unha vez termine o proxecto arquitectónico”, pero avanzou que se estima nuns “2,5 millóns de euros”.

No convenio, que o conselleiro Julio García Comesaña remitiu á alcaldesa da capital lucense, Lara Méndez, o pasado mes de marzo para solicitar colaboración municipal no proxecto, a Administración autonómica asume o compromiso de contratación de proxecto e obra mentres que o Concello asume o de regular na ordenanza fiscal a exención do IBI para os centros sanitarios de titularidade autonómica, así como a de modificar a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras para recoller a bonificación do 95% das obras de especial interese municipal e dar á obra do centro de saúde da Milagrosa dita consideración.

A reforma do centro de saúde da Milagrosa en Lugo figura na fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado polo Consello da Xunta de outubro de 2021.

Sanidade indica que, ademais, a próxima posta en marcha do Centro Integral de Saúde de Lugo no barrio da Residencia, tras o investimento de 12 millóns de euros por parte do Goberno galego cambiará a demanda asistencial na Milagrosa.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...