InicioLugo e contornaLugoO PP municipal de Lugo acusa á alcaldesa Lara Méndez de boicotear...

O PP municipal de Lugo acusa á alcaldesa Lara Méndez de boicotear a inauguración “simbólica” no auditorio de Magoi

Os concelleiros populares explicaron que este pasado luns pola mañá comunicouse á Subdelegación do Goberno a celebración dunha concentración de persoas na chaira do auditorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP denunciou o “intento” da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, de “boicotear” a ‘Inauguración simbólica por encantamento’ que os populares convocaran para este mércores ás 20,00 horas na chaira do auditorio de Magoi, que segue sen uso.

Os concelleiros populares explicaron que este pasado luns pola mañá comunicouse á Subdelegación do Goberno a celebración dunha concentración de persoas na chaira do auditorio.

Pero este martes constatouse como membros de Protección Civil procedían a reparar o valado perimetral do auditorio para “tentar boicotear” a convocatoria dos populares.

Os populares cursaron unha nova petición para realizar este espectáculo de maxia diante do auditorio, co que será preciso o corte da vía pública e o desvío do tráfico pola rúa Madanela.

O PP lembra que o PSOE afirmou o mes pasado en comisión que os terreos nos que os populares querían realizar este espectáculo eran “públicos”. “Se ti entras para estar sentado alí, o Concello non de pode sancionar“, sinalan os populares que se indicou, polo que non entenden que agora se peche o valado.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...