InicioLugo e contornaLugoAumentan a 20 os casos de Covid nun colexio de Lugo, 18...

Aumentan a 20 os casos de Covid nun colexio de Lugo, 18 deles alumnos e dous profesores

Seguen a realizar probas diagnósticas aos contactos dos positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 detectados no Colexio Franciscanos da cidade de Lugo ascenden a 20, deles 18 alumnos menores de 12 anos e dous profesores.

Así o confirmaron este martes fontes sanitarias, que destacaron que se fixeron “todos os cribados” e “se seguen facendo” as probas aos contactos dos positivos.

Neste centro, uns 70 escolares permanecen illados polos positivos en Covid-19, entre contaxiados e en corentena, despois de detectarse 15 casos inicialmente entre o alumnado e dúas profesoras contaxiadas, que manteñen tres aulas pechadas.

Fontes da dirección deste colexio lucense detallaron que “case todos” os contaxios de alumnos se rexistraron en “dous grupos” de segundo e sexto de primaria.

Respecto diso, sinalaron que hai en corentena sobre medio centenar de alumnos de segundo de primaria, de dúas clases, e uns 20 de sexto do mesmo nivel educativo, dun grupo.

Por iso, o centro garantiu que traballa para “limitar” os contaxios para que “non afecten a outros grupos” e procederon a “extremar as medidas”, como uso de máscara e ventilación.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...