InicioSociedadeDaniel Romay, toda unha vida dedicada á hostalaría lucense

Daniel Romay, toda unha vida dedicada á hostalaría lucense

A asociación Lugo Monumental recoñecerá o 29 de xullo a súa traxectoria, unha distinción que cadra coa súa xubilación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O hostaleiro Daniel Romay será recoñecido pola Asociación Lugo Monumental pola súa entrega ao sector durante toda unha vida.

Chegado o momento da súa xubilación, Romay deixa aTaberna Daniel nas mans do seu fillo tras máis de corenta anos á súa fronte, unha traxectoria que agora quere homenaxear Lugo Monumental. Así o decidiron os integrantes do colectivo —por unanimidade— nunha asemblea celebrada a principios de ano.

Estes recoñecementos lévanse facendo dende o ano 2013 e entre os hostaleiros que recibiron esta distinción están Dona Amparo, do restaurante Campos; Alberto, do Mesón de Alberto; Suso Cendán ou Manolo Sandar.

O título entrégase, xeralmente, o 29 de xullo, día de Santa Marta (patrona da hostalaría) e durante o ‘Milagre de San Vicente’. Este ano aínda non é posible saber se tal celebración se vai poder levar a cabo, polo que ambos actos serán independentes. O 29 de xullo daráselle a Daniel Romay o seu recoñecemento, tanto se se pode festexar o ‘Milagre’ nesa data coma se non.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...