InicioCulturaLugo foi a cidade escollida para presentar o I Campionato de Tapas...

Lugo foi a cidade escollida para presentar o I Campionato de Tapas e Pinchos de España

O presidente da Asociación de Empresarios Hostaleiros da Provincia foi unha das persoas que máis "insistiu" e deu "a carraca" para que se celebrase dito certame. Álvaro Villasante, do restaurante Paprika, será quen represente a Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Hostalería de España elixiu a cidade de Lugo para presentar o I Campionato Oficial de Tapas e Pinchos de España, unha competición que se desenvolverá o próximo 25 de marzo na Escola Superior de Hostalería, en Madrid, e na que participarán cociñeiros que xa gañaron nas súas respectivas provincias.

A presentación deste primeiro campionato tivo lugar este mediodía no hotel Méndez Núñez de Lugo e nela participaron o presidente de Hostalería de España, José Luis Yzuel, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, acompañados ambos por unha notable representación de autoridades locais.

En declaracións a EFE, José Luis Yzuel recoñeceu que foi o presidente dos hostaleiros lucenses “o primeiro que propuxo” a posibilidade de organizar un “campionato nacional de España”, para darlle aínda máis valor “a toda esa xente que xa gañou campionatos ao longo do territorio”. Subliñou, ademais, a importancia da gastronomía como valor turístico e destacou que os son capces de “poñer o territorio e a paisaxe no prato”

En canto ao número de participantes, confirmou que está garantido que todas as autonomías contarán con representación no campionato. Segundo Yzuel espérase a presenza de polo menos a metade das asociacións provinciais asociadas a Hostalería de España, o que sería “un éxito” nesta primeira edición.

REPRESENTACIÓN LUCENSE

Pola súa parte, Cheché Real (Apehl) explicou que os hostaleiros de Lugo levaban “tres anos insistindo” e “dando a carraca” para que se fixese un campionato de España de Tapas. “É algo que nos representa”, engadiu, para logo comentar a “satisfacción” sentida por que Hostalería de España escollese Lugo para presentar este certame.

Aclarou, ademais, que “a diferenza doutros concursos, isto é un campionato. A un concurso podes acceder por invitación ou pagando, pero a un campionato hai que acceder por méritos, porque gañaches nunhas fases previas”.

Lugo será representado nese campionato por Álvaro Villasante, do restaurante Paprika, que elaborará un tapa realizada con pescada do pincho. EFE

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...