InicioSociedadeUnha xincana para rachar cos mitos do amor romántico: "Se o amor...

Unha xincana para rachar cos mitos do amor romántico: “Se o amor te aperta, non é da túa talla!”

O casco histórico de Lugo será este San Valentín o escenario dun xogo para dar a coñecer "alternativas ás historias de conto". Conceptos como o da media laranxa, os celos ou a predestinación serán algúns dos tópicos amorosos que se aborden durante a actividade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Co San Valentín (ou Día dos Namorados) a piques de chegar, cómpre aguzar a mirada e observar con ollos críticos todo o que rodea esta data. Rachar cos mitos sobre o amor romántico; esgazar coa idea de que amar doe: “Se o amor aperta…, non é da túa talla!”

Ese é o lema escollido pola área de Igualdade, Muller e Xuventude do Concello de Lugo para preparar unha xincana o vindeiro venres, 14 de febreiro, no casco histórico da cidade. Trátase dunha proba de estratexia e habilidade, dirixida a mozas e mozos para desenmascarar os tópicos que xorden arredor das relacións sentimentais.

Segundo explicou a edil de Igualdade, Ana González Abelleira, esta actividade pretende dar a coñecer “outras alternativas ás historias de amor de conto” e apartar os estereotipos que a sociedade interiorizou de maneira inconsciente ata o punto de que inflúen nas relacións afectivas. Conceptos como o da media laranxa, a predestinación, a paixón eterna ou os celos serán algúns dos mitos a combater durante a xornada.

EN QUE CONSISTE A XINCANA?

No xogo, as persoas participantes irán superando probas e acertixos para “recuperar a identidade perdida por dez personaxes recoñecidas”. En canto atinen as respostas, obterán unha brebaxe para que beban os ‘príncipes’ e ‘princesas’ (monitores disfrazados). Iso permitiralles recobrar a súa lucidez por un minuto, tempo durante o cal as xogadoras poderán facerlles preguntas para tratar de identificar dita personaxe. O equipo gañador será aquel que acerte, no menor tempo posible, o maior número de personaxes e de mitos románticos que agochan.

A xincana, que se celebrará o propio día de San Valentín, comezará ás 18:00 horas na Praza Maior e o prazo de inscrición para anotarse permanecerá aberto ata o día anterior. Para apuntarse, de xeito gratuíto, só é preciso poñerse en contacto coa Casa da Xuventude.


Unha ‘escape room’ infantil para “fuxir do amor insano”

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...