InicioSociedadeVigo insiste en que o grao de Robótica de Lugo debe ser...

Vigo insiste en que o grao de Robótica de Lugo debe ser ‘Agroforestal’

O reitor da Universidade de Vigo pide recuperar o acordo inicial das tres universidades galegas para evitar supostas duplicidades co grao de Robótica

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, insiste en que a posición da institución segue sendo a mesma sobre o grao de Robótica en Lugo. A máxima autoridade do centro vigués asegura que a titulación que pretende implantar o Campus Terra debe ter a engádega Agroforestal para evitar supostas duplicidades con Enxeñaría Industrial, impartida na cidade olívica.

Reigosa remítese á folla de ruta asinada polos tres reitores do Sistema Universitario Galego para o período 2017-2021, un mapa de titulacións que introducía, entre outros, o grao en Robótica en Lugo, con mención Agroforestal, para o curso 2019-2020.

No mesmo sentido posicionouse o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen asegurou que o reitor “conta co apoio da cidade”, lembrando que a universidade viguesa renunciou a Medicina para evitar redundancia con Santiago de Compostela.

Fontes do goberno autonómico explican que nada cambiou dende aquel acordo, e que o prazo de alegacións públicas expirou. O reitor da Universidade de Vigo non o entende así, insiste en que o título está en proceso de avaliación, e que “non traballa en outra hipótese” fóra do asinado polos tres reitores no cargo en 2017.

Tomás Cuesta, director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría que impartirá o grao en Robótica, asegurou non comprender a posición de Reigosa. A eliminación do termo Agroforestal trátase dunha simplificación, pois os estudantes poden acadar esa especialidade no derradeiro ano de estudos. Así mesmo, carecerá de habilitación en enxeñaría.

O novo Grao en Paisaxe do Campus Terra contará con 50 prazas

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...