InicioEconomíaO prezo da vivenda de segunda man afúndese en Lugo

O prezo da vivenda de segunda man afúndese en Lugo

O metro cadrado en vivendas de segunda man en Lugo é o máis baixo entre as catro provincias galegas e experimenta a maior caída de España

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo é na que máis baixaron os prezos na vivenda de segunda man a nivel estatal durante 2018. De entre as catro provincias galegas é a máis barata, logo de experimentar un descenso do 8,72 por cento con respecto a xaneiro do ano anterior, deixando o metro cadrado en 1.130 euros. Así consta no informe de pisos.com.

Esta caída acontece nun escenario en que o prezo da vivenda de segunda man en Galicia incrementouse nun 2,86 por cento, ata os 1.395 euros por metro cadrado. Para o conxunto de España, en xaneiro rexistrouse un prezo medio de 1.703 euros, equivalente a un ascenso interanual do 8,11 por cento.

Así as cousas, Galicia é a sétima autonomía máis asequible, sendo Castela-A Mancha a máis barata (908 euros/metro cadrado). Todas as capitais de provincias galegas experimentaron ascensos, en especial Pontevedra, cunha alza do 16,5 por cento (un 4,26 entre decembro e xaneiro).

 

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...