InicioSucesos‘Helena’ deixa incidencias menores e catorce centros sen clase

‘Helena’ deixa incidencias menores e catorce centros sen clase

O temporal asociado á borrasca Helena obriga a circular con precaución polo Cebreiro e o Alto do Fiouco, afectados por auga, neve e intenso vento

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistrou durante a madrugada quince incidentes por mor da borrasca Helena, segundo datos do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia. A maioría están relacionados coa caída de árbores e outros elementos en estradas, así como inundacións puntuais.

A nevarada fixo preciso activar o nivel amarelo de alerta na LU-633 ao paso polo Cebreiro. Por mor da choiva e a neve traídas por Helena, a Dirección Xeral de Tráfico recomenda circular con precaución en todo o termo municipal de Pedrafita.

Outra das vías afectadas é a A-8 ao paso polo Alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín. Tráfico insta a transitar con extremo coidado pola autovía debido ás precipitacións, que inclúen auganeve, e o intenso vento. A velocidade está limitada a 80 quilómetros por hora na zona.

Sen clases

A adversidade de Helena traduciuse en previsións de acumulacións de ata 22 centímetros de neve na Montaña a partir dos 500 metros de altitude. En resposta a esta meteoroloxía, 14 centros de 11 concellos suspenderon as clases, afectando a 788 estudantes. Non hai constancia de que outros centros tivesen complicacións serias no acceso.

O mal tempo deixa cortes en estradas e obriga a pechar espazos públicos

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...