InicioEconomíaAdif licita o primeiro paso na renovación do ferrocarril Ourense-Lugo

Adif licita o primeiro paso na renovación do ferrocarril Ourense-Lugo

O administrador da infraestrutura ferroviaria licita por 12,5 millóns de euros a subministración de balasto e avanza no proxecto de electrificación no treito Monforte-Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adif licitou o contrato de subministración e transporte de balasto para o ferrocarril entre Ourense e Lugo. Supón o primeiro paso para a renovación desta liña ferroviaria, pendente da redacción do proxecto de electrificación, a eliminación dos 36 pasos a nivel e a exposición pública dos estudos para as variantes de Os Peares e Rubián.

O Ministerio de Fomento salienta que o traslado da materia prima supón avanzar na mellora do treito existente, de cara a posibilitar un servizo de Alta Velocidade ata Lugo. O investimento na subministración de balasto, pendente da autorización do secretario de Estado de Infraestruturas, permitirá asentar o novo trazado da vía. O investimento acada os 12,5 millóns de euros, IVE incluído.

Dende o gabinete lembran que están en fase de redacción os proxectos de electrificación do treito Monforte-Lugo, duns 70 quilómetros. O incremento na potencia de tracción implicará a modernización do servizo de media distancia, así como a posibilidade de que unha unidade do tren AVE poida separarse na cidade das Burgas e chegar á capital lucense. A execución destas obras estaba prevista para 2021, mais o Goberno confía en rematar para 2020.

Tren Lugo-Madrid en menos de catro horas para 2020, un prazo realista?

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...