InicioSociedadeSanidade reubica no HULA o persoal da delegación de Lugo, afectada pola...

Sanidade reubica no HULA o persoal da delegación de Lugo, afectada pola contaminación do aire

O traslado progresivo permitirá acometer obras de redistribución e saneamento na delegación de Sanidade en Lugo, clausurada dende decembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade planifica o traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti do persoal que traballa na delegación da rúa Montevideo. Este edificio foi clausurado en decembro despois das reclamacións dos empregados, que levaban anos advertindo da presenza dun axente no aire que causaba irritación, fatiga respiratoria ou complicacións no aparato dixestivo. A medida permitirá manter a actividade mentres se traballa na rehabilitación da sede afectada.

Así, o departamento autonómico prepárase para executar traballos por importe de 113.000 euros. O traslado do persoal será gradual, afectando a todos os servizos de forma progresiva e con carácter previo ás obras principais. Esta medida é por tanto provisional, con actuacións que rematarán en dous meses.

A intervención contempla a reforma da terceira planta para redistribuír parte da área de microbioloxía do Laboratorio de Saúde Pública, instalando unha cheminea máis. Deste xeito, a área de microbioloxía será ampliada e terá funcións engadidas.

Sanidade informou de que independizará a rede interior de saneamento do Laboratorio de Saúde Pública das canalizacións do resto do edificio, condición que a Consellería afirmou que xa se cumpría. Asemade, mellorarase o sistema de evacuación de aguas residuais, xunto con novas medidas de evacuación e a sinalización.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...