Piden dous anos de cadea para o garda civil que ameazou a Pilar de Lara

O axente do Instituto Armado lanzou insultos e ameazas "máis ou menos veladas" contra a maxistrada no foro dunha asociación de gardas civís

(Arquivo) A xuíza Pilar de Lara | EP
A xuíza Pilar de Lara | EP

EFE – A acusación particular solicita dous anos de cárcere e unha multa económica para o garda civil que será xulgado este martes en Lugo por insultar e ameazar á xuíza Pilar de Lara. O axente deberá responder polos comentarios realizados contra a titular do Xulgado de Instrución Número 1 da capital lucense nun foro vencellado a unha asociación profesional de gardas civís.

En declaracións a EFE, o avogado que exerce a acusación particular en representación da maxistrada, Gerardo Pardo de Vera, informou de que solicita devandita pena para o acusado polos delitos de calumnias, inxurias e incluso coaccións a De Lara.

Segundo o letrado, o invetigado empregou o citado foro para publicar comentarios ofensivos contra De Lara, insultala e incluso ameazala con advertencias máis ou menos veladas.

Pola súa banda, o Ministerio Público solicita para o acusado unha multa económica polos delitos de inxurias e calumnias.

O xuízo comezará ás 11.45 horas deste martes. Está previsto que Pilar de Lara compareza en calidade de testemuña. A xuíza está a ser investigada por retrasos inxustificados na instrución de macrocausas coma a Operación Pokemon, o Garañón ou caso Carioca.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here