InicioMovementos sociaisA metade das traballadoras de Zara en Lugo paran polo exceso de...

A metade das traballadoras de Zara en Lugo paran polo exceso de traballo

A folga convocada pola UGT por mor da "excesiva carga de traballo" e o incumprimento dos horarios leva a protesta á rúa no primeiro día de rebaixas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Practicamente a metade das traballadoras dos centros de Zara en Lugo, en Conde Pallares e no centro comercial das Termas, secundou o paro convocado pola representación da Unión Xeral de Traballadores (UGT) para protestar pola “excesiva carga de traballo” e mailo “exceso de xornada”. Esta folga segue ás accións de decembro, nas que tampouco participou a Confederación Intersindical Galega (CIG).

Ademais, contra as doce do mediodía concentráronse ante a tenda do centro da cidade, convidaron ás súas compañeiras a que as acompañasen no paro e emprazaron aos clientes a que non comprasen este luns, precisamente día de apertura do período de rebaixas. En total, pararon 23 das 50 traballadoras no plantel lucense.

Fractura nos sindicatos

Paro nas Termas | UGT
Paro nas Termas | UGT

Como relata GaliciaConfidencial, durante a concentración –ao abeiro dunha pancarta que rezaba Zara. Melloras Sociais–, coreáronse distintas consignas como “Inditex, escoita, ás de Zara están en loita”. A delegada de UGT de Zara Lugo, Sandra Salgado, xustificou a folga porqueteñen “uns horarios moito peores que noutras provincias”. “Aquí as reducións de xornada non se cobren por parte da empresa, polo que obriga ao resto de compañeiras a facer cinco tardes semanais e sen sábado libre”, denunciou.

Ademais, a representante sindical criticou o “incumprimento sistemático” do plan de igualdade. “Temos unha compañeira que pide o traslado desde 2015 porque ten aos pais, a un cunha incapacidade total e a outro permanente, e na nosa empresa dan os traslados á carta”, expuxo. “As vacantes dos postos de responsabilidade non se publicitan e cóbrense pola xente que eles queren”, agregou.

A delegada de UGT avanzou que continuarán coas protestas, porque “ao non haber unión” coa CIG, “isto non vai acabar aquí”. As centrais difiren na estratexia a seguir para resolver os peches, a devolución de horas complementarias, e a asignación de días libres. Nese senso, en UGT adiantan que “estivemos a falar de ir á central, a Arteixo, para mobilizarnos alí”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...