InicioEconomíaA Xunta recorre a un concurso de ideas privado para o anteproxecto...

A Xunta recorre a un concurso de ideas privado para o anteproxecto de residencia en Lugo

Abanca financia un concurso de ideas para o novo centro da terceira idade que quedará emprazado no barrio da Residencia, no edificio do antigo Xeral

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia publicou as bases do concurso de ideas para a redacción do anteproxecto da nova residencia para persoas maiores en Lugo. A iniciativa é parte do plan autonómico Como na casa, en colaboración coa entidade financeira Abanca a través de Afundación. 

Está previsto que o centro da terceira idade forme parte do complexo da Residencia, ocupando o espazo do vello Hospital Xeral, en vías de demolición. Con anterioridade, o goberno galego manifestara que o proxecto do edificio residencial estaría listo para solicitar a licenza construtiva antes de que rematara o ano.

Porén, a presentación de ideas ten de prazo ata o 4 de febreiro; rematado ese período, un xurado conformado por dous representantes da Xunta, un do Colexio Oficial de Arquitectos, un de Afundación e un de Abanca valorará as propostas do anteproxecto para A Residencia. 

Como informaron fontes da Delegación Territorial, o centro da terceira idade da Residencia comprenderá 120 prazas con 75 traballadores. Disporá dunha superficie construída máxima de 6.500 metros cadrados e unha altura na edificación de cinco andares.

Equipamentos da nova residencia

Complexo da Residencia | Xunta de Galicia
Complexo da Residencia | Xunta de Galicia

A iniciativa do concurso nace ao abeiro do plan Como na casa, que prevé a construción de sete novas residencias nas sete grandes cidades galegas, entre elas a capital lucense. A entidade bancaria financiará integramente esta convocatoria, que contempla tres premios para os mellores proxectos: 9.000 para o gañador, 6.000 para o segundo e 5.000 para o terceiro.

As sete novas residencias contarán “cun deseño moderno”, e integrarán “avances arquitectónicos e tecnolóxicos” centrados en favorecer a calidade de vida das persoas maiores.

Cada centro disporá das mesmas áreas. A zona residencial será a máis ampla, con estancias destinadas ao aloxamento, comedor, perruquería, cuarto de enfermaría, sala de estar e paseos. A maioría das persoas residentes disporán de habitacións individuais.

Entre as principais novidades, todos os centros disporán unidades xeriátricas e psicoxeriátricas diferenciadas, é dicir, contarán con zonas específicas para aloxar, coidar e traballar con residentes que padezan deterioro ou trastornos cognitivos severos.

O resto das áreas destinaranse a zona social; a atención especializada, que acollerá a consulta médica, as salas de rehabilitación e podoloxía, a farmacia e unha unidade de enfermaría; e a zona de administración e servizos como lavandería e cociña.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...