InicioCulturaPablo Fraga reinventa o leite con castañas: “Non é comparable con nada”

Pablo Fraga reinventa o leite con castañas: “Non é comparable con nada”

Larsa realiza a ilusión deste enxeñeiro investigador do Campus Terra de levar un produto complexo aos supermercados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O novo postre de Larsa leva a sinatura do enxeñeiro lucense Pablo Fraga Gontán. O leite con castañas, rico en grasas, proteínas, minerais e vitamina C, está dispoñible en formato de tarro de cristal. Ademais do característico sabor, ten interesantes propiedades: dixestivo, nutritivo, e achega 121 quilocalorías por ración. E sen gluten.

De onde ven o teu interese pola cociña?

Estou na Escola Politécnica Superior como investigador, no programa LIFE. Alí , onde acabei a Enxeñaría Superior, facían moita innovación na cociña, pero non chegaba aos supermercados. Veía que faltaba esa cociña de autor, esas cousas especiais, no supermercado. Tiñas que ir a un restaurador de alto nivel.

Sempre tuven a ilusión de ter algo no supermercado, estudiei Industrias Agrarias e Alimentarias. Veíao inviable, porque tes que ter detrás moitos cartos ou unha marca que te respalde. Cando foi desta oportunidade, dixen, teño os coñecementos necesarios para facelo e o material, e por iso o intentei.

Como foi que escolleches a castaña?

Aquí en Galicia, o típico é a vaca, o leite e carne. Cando fun de Erasmus, na zona de Trás-os-Montes era o máis típico o que sae da terra, o viño, mazás, castañas… de feito, en Portugal, a castaña é o ouro trasmontano. Ao volver, empecei en Alibós, que pela e conxela castaña, e plantamos soutos nun proxecto da Deputación de Lugo.

Leite con castaña | Larsa
Leite con castaña | Larsa

Sempre me gustaron as cousas con castañas, pero é complicado atopar algo feito con castañas listo para comer. Esa tradición, do que faciñan as miñas tías avoas, de leite con castañas, non me parecía difícil, pero había que facelo. Iogur, ou postres con castañas, non me interesaban, quería algo máis sinxelo, aínda que saíra máis caro que botar uns aromas ou botarlle algo artificial.

Como foi o proceso de creación, e a colaboración con Larsa?

O proceso foi bastante complexo. Queriámolo facer pasterizado, esterilizado, que se puidera mecanizar, industrializar. Non o podía facer na casa, tiña que facelo nun ambiente determinado. E gracias a Méndez Dónega, que titorizaba os proxectos e a Aula de Produtos Lácteos, puiden facelo noutra clave e con condicións semellantes ás industriais. E foi por iso que acadamos o éxito no produto.

Agora que o leite con castañas xa está á venda, recibiches algún comentario?

Si que gusta, pero cando os comentarios son de familiares e amigos, eres máis cauto (ri). É un sabor que está logrado, sabe a castaña, que é o que se pretendía. Pódeche gustar ou non o sabor da castaña, pero sabe a castaña, que é un sabor que non é comparable con nada.

Tes algún proxecto innovador en marcha? Buscas algún anxo inversor?

Exactamente. Sempre tiven esta ilusión, teño moito percorrido feito. Este obxectivo, para min, hai pouco era inalcanzable. Sigo pensando, non só no tema da castaña e o leite, penso en moitas cousas. Unha parte importante da innovación é quedar con cousas do rural de Galicia, que son vacas, castañas, mazá. Un pouco de todo iso.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...