InicioPolíticaO pleno obriga ao Concello a revisar a estratexia para o Garañón

O pleno obriga ao Concello a revisar a estratexia para o Garañón

A corporación esixe avais técnicos e xurídicos antes de aceptar a conversión do Garañón en zona verde ante o risco económico da medida

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno tumbou a proposición do goberno local para converter en zona verde a parcela CS-5, sobre a que se ubica o Garañón. Despois, ratificou a moción de urxencia presentada conxuntamente polos cinco partidos que acompañan ao grupo socialista na corporación, que obriga ao Concello a iniciar con medios propios un estudo de alternativas para repoñer a legalidade urbanística da zona co menor custe económico e paisaxístico.

O executivo defendera a medida como “punto de partida” para a reordenación, consideranzo a declaración de zona verde “a opción máis segura”. O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, pediu “non mesturar” as tres sentenzas ditadas acerca do Garañón, asegurando que os informes técnicos irán incluídos logo dos “trámites necesarios” que o Concello está efectuando, e pedira o voto favorable para non retrasar o procedemento alegando que a eventual modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) tería que volver a pasar polo pleno.

“Manobras dilatorias”

Olga Louzao | Óscar Bernárdez
Olga Louzao | Óscar Bernárdez

O consenso, porén, foi na contra dos socialistas. A oposición foi contundente co que consideran un anuncio de repercusión unicamente electoral, pola falta de acompañamento técnico-xurídico no documento –unha folla– presentado polo equipo de Lara Méndez. “Vostede ía ser a alcaldesa que tiraría O Garañón”, espetoulle Olga Louzao, de Ciudadanos, quen cualificou a proposta de “carta aos Reis Magos” e acusou á rexedora de querer “ocultar os custes”.

Para Carlos Portomeñe, representante de Alternativa Cidadá de Esquerdas, os socialistas están a efectuar “manobras dilatorias” para chegar ás eleccións “sen o custe político de derrubar as torres”. Cuestionou así mesmo a negociación que a alcaldía levará a cabo co promotor do Garañón, para intercambiar a parcela afectada por outras edificables. “Queren gañar zona verde a cambio de despatrimonializar o Concello”.

“Unha hipoteca para tres xeracións”

Rubén Arroxo | Óscar Bernárdez
Rubén Arroxo | Óscar Bernárdez

“Esta proposta pode matar ao Concello”, advertiu Rubén Arroxo, candidato do Bloque Nacionalista Galego. Valorando a zona verde como a saída ideal, considerou que o anuncio do goberno local “é un titular apetecible e populista”. “Pero, é viable hipotecar a tres xeracións?”. Coincidiu Arroxo con Portomeñe en considerar que o grupo socialista tenta desviar a atención do derrubamento das torres, sen deixar de culpar ao Partido Popular por ser partícipe da construción a través do PXOM de 1991 e o convenio de 2005.

Na formación conservadora din ter a vontade de “protexer a Lugo” da “distopía” do Partido Socialista, reducindo o plan para o Garañón a “outro farol” propio da “histeria das eleccións”. Para o voceiro popular, Antonio Ameijide, as torres seguirán en pé en maio “porque as puxeron os padriños políticos” de Méndez, a quen alertou de que “non hai nada gratis”. “E nós seguiremos vivindo en Lugo despois de maio”.

Cristina Pérez Herráiz, candidata de Lugonovo | Óscar Bernárdez
Cristina Pérez Herráiz, candidata de Lugonovo | Óscar Bernárdez

En Lugonovo amosaron un perfil inquisitivo da man de Víctor Álvarez, quen preguntou que opinan os departamentos de Urbanismo e Intervención da conversión en zona verde. Álvarez dixo que o Concello “volve caer nos mesmos erros”, e pediu coñecer onde están os terreos que o Concello planea intercambiar, as consecuencias sobre outras vivendas e viais da zona, así como o persoal e os prazos que esixiría o procedemento de demolición e recalificación. “O punto de partida é demoler as torres”.

Rexeitado o camiño plantexado dende a alcaldía, o pleno emprazou maioritariamente a que o Concello inicie con medios propios o estudo de alternativas para repoñer a legalidade urbanística, co menor custe para o erario público, maximizando a superficie verde e limitando no posible o impacto visual da edificabilidade resultante, no caso de que exista.

Protestas no Concello contra a nova RPT por “inxusta”

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...