InicioLugo e contornaLugoGuido Guía, Gran Hotel, Muralla e Catedral, premiados nos Travelers Choice 2022

Guido Guía, Gran Hotel, Muralla e Catedral, premiados nos Travelers Choice 2022

A plataforma internacional TripAdvisor, unha das máis utilizadas polos viaxeiros a nivel mundial, ven de anunciar os premios Travelers Choice 2022. Na cidade de Lugo foron 4 os aloxamentos, atraccións ou servizos turísticos recoñecidos con este galardón

PUBLICADA O

- Advertisement -

Travelers Choice (anteriormente Certificado de Excelencia) recoñece cada ano a selectos aloxamentos, atraccións e servizos turísticos do mundo que amosan constantemente un compromiso coa excelencia e coa hospitalidade. Cada ano aproximadamente o 10% das empresas e recursos turísticos internacionais reciben este premio que os distingue entre os preferidos polas viaxeiras e viaxeiros de todo o planeta.

Este ano 2022 na cidade de Lugo foron recoñecidos o proxecto Guido Guía, o Eurostars Gran Hotel, a Muralla Romana e a Catedral con 5 e 4,5 burbullas respectivamente.

TripAdvisor utiliza un algoritmo patentado para determinar ás homenaxeadas e homenaxeados de Travelers Choice. Ten en conta a calidade, cantidade e actualidade das críticas e opinións enviadas polos viaxeiros en TripAdvisor durante un período de 12 meses, así como a tendencia e clasificación no índice de popularidade do lugar.

Para ser recoñecido para Travelers Choice, unha empresa debe manter unha clasificación xeral de burbullas de TripAdvisor de cando menos catro de cinco, ter un número mínimo de opinións, e debe ter estado en TripAdvisor como mínimo 12 meses.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...