InicioEconomíaConcello e Xunta asinan o convenio para o centro de saúde da...

Concello e Xunta asinan o convenio para o centro de saúde da Residencia

O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de Lugo subscriben o acordo rector para a redacción do proxecto do Centro Integral de Saúde da Residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia ten présa por disipar as dúbidas xurdidas arredor do plan de renovación do barrio lucense da Residencia. O retroceso deliberado do goberno galego nos trámites administrativos non afecta os usos sanitarios, polo que o buque insignia deste proxecto segue avanzando. E a proba deste movemento é a sinatura do convenio para a construcción do Centro Integral de Saúde.

De realizarse, sería o primeiro centro desta clase en Galicia, e a estrea dun modelo de atención unificada que entusiasma á Xunta. Logo de trascender a anulación da retrocesión dos edificios da Residencia, o executivo autonómico pisou o acelerador. O presidente Alberto Núñez Feijóo deu orde de apurar os anuncios previstos para Lugo, que inclúen o centro de emprendemento aeronáutico, e aumentou considerablemente a súa presenza na provincia, con tres visitas en seis días.

Nesta liña prodúcese a sinatura do convenio de colaboración entre a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, estabelecendo as bases para a redacción e execución do proxecto do Centro Integral de Saúde da Residencia. As instalacións ocuparán o vello Hospital Materno Infantil, e comprenden o centro de saúde con Punto de Atención Continuada, a unidade de saúde mental e a base do 061.

A dotación pública cumpre cos usos contemplados no Real Decreto de 1990 e tan só depende dos trámites patrimoniais e urbanísticos. O goberno local comprometeuse a facilitar a documentación previa á execución das obras, asumindo os gastos de dotar as parcelas das infraestruturas e servizos públicos –accesos, abastecemento, saneamento, subministración de enerxía, alumeado, telefonía, etc.–.

Así mesmo, o Concello eximirá de pagamento do IBI a favor da administración autonómica durante o tempo que dure o convenio, bonificando ata o máximo legal o imposto sobre construccións. A cambio, o Sergas elaborará o proxecto técnico e executará as obras na Residencia con cargo o orzamento da Xunta.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...