InicioLugo e contornaLugoCazan a un condutor cuadruplicando a taxa de alcolemia tras bater cun...

Cazan a un condutor cuadruplicando a taxa de alcolemia tras bater cun semáforo en Lugo

O impacto rematou coa estrutura derrubada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida despois de derrubar un semáforo de peóns na intersección de dúas vías. Segundo relatou a Policía Local, sobre as 4,10 horas deste 10 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local desprazouse á rúa do Xenebro por un accidente de tráfico.

Os axentes comprobaron que un vehículo batera contra o mastro dun semáforo de peóns situado na intersección desta vía coa Avenida da Coruña, feito co que o derrubou. Ao observar que o condutor presentaba signos de embriaguez, foi sometido ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo resultado positivo de 1,06 mg/l, que supón máis de catro veces a taxa máxima permitida. Por iso, os axentes tramitaron acta de atestado e instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

O Goberno non bloqueará que o proxecto de Altri reciba fondos europeos se respecta “toda a normativa”

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, asegurou este luns que "ningunha administración"...

Detido en Lugo un home que transportaba en coche case 100 gramos de haxix e cocaína

Axentes de Policía Nacional da Comisaría provincial de Lugo detiveron a un home como presunto autor...

O TSXG paraliza un eólico entre Castroverde e Baralla pola caducidade da declaración ambiental

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) paralizou cautelarmente a executividade do proxecto...