InicioLugo e contornaO BNG logra recoller máis de 2.000 firmas en dous meses para...

O BNG logra recoller máis de 2.000 firmas en dous meses para que Lugo conte cun “tren digno”

"Cando era pequena podía coller o tren en Oural para vir a Lugo ou a Sarria, e a día de hoxe esa estación está pechada", censura Pontón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG leva recollidas “máis de dous mil sinaturas” para que Lugo conte con “un tren digno”, despois de que hai dous meses lanzase a campaña chamada ‘Lugo Quere Tren’. A mesa de recollida de firmas trasladouse este venres á rúa Quiroga Ballesteros da capital lucense, onde participaron coa súa signatura a portavoz nacional, Ana Pontón, e o deputado nacionalista en Madrid, Néstor Rego.

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, explicou que esta campaña obedece “á situación de illamento na que está a quedar a cidade de Lugo, a comarca de Lugo e a provincia respecto diso das liñas ferroviarias”. “Comezamos esta campaña hai dous meses e está a ter un éxito importantísimo. Levamos xa máis de dous mil asinas recollidas, e cada vez que pomos este posto de recollida de firmas son moitísimas as persoas que se achegan e anímannos a continuar coa campaña”, subliñou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expuxo que “esta é unha campaña que vai máis aló do BNG, é unha campaña do conxunto da cidadanía, que quere pór o foco en algo tan importante como é que Lugo non perda o tren”. “Levamos demasiado tempo vendo como Lugo e no interior (de Galicia) estamos a perder servizos. Eu podo falar en primeira persoa, cando era pequena recordo que podía coller o tren en Oural para vir a Lugo ou a Sarria, de feito, o tren era un medio que utilizabamos moito, e a día de hoxe esa estación está pechada e o número de trens cada vez é menor”, protestou Pontón queixouse de que “non se fixo o esforzo necesario para que Lugo teña un tren do século XXI”. “E iso é o que queremos reivindicar”, agregou.

“Esta campaña quere acabar cunha anomalía, coa anomalía de que Lugo non teña unhas conexións de primeira co resto de cidades do país, que Lugo sexa a única capital de provincia que non está conectada coa capital de Galicia, con Santiago de Compostela”, esgrimiu.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reivindicou que “esta é unha reclamación xusta, e o Goberno español ten que atender esta demanda que non é do BNG, senón da cidade de Lugo, de mellorar as infraestruturas”.

ÚLTIMAS

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...

Falece un universitario de 21 anos con raíces na Fonsagrada na Facultade de Filosofía de Valladolid

Un universitario de 21 anos e con raíces no municipio lucense da Fonsagrada faleceu...

O Río Breogán colaborará con ADOS e a Deputación de Lugo para promover as doazóns

O Río Breogán, equipo lugués da máxima categoría do baloncesto español, promoverá esta semana...