InicioSociedadeDetidos dous ocupas reclamados por un xulgado tras denunciar unha veciña a...

Detidos dous ocupas reclamados por un xulgado tras denunciar unha veciña a ocupación dunha das súas vivendas en Lugo

A Policía destaca que os mozos manifestaron "que tiñan Covid para evitar ser" arrestados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron na tarde deste xoves a un home e unha muller ocupas que tiñan unha reclamación xudicial dun xulgado de Vilalba despois de denunciar unha veciña a ocupación dunha das súas vivendas na capital luguesa.

Segundo informou a Policía Nacional, a detención produciuse despois de que na mañá deste pasado xoves unha veciña do Sacro Corazón denunciase a ocupación dunha das súas vivendas na rúa Adolfo Suárez. Por iso, indicativos de Radiopatrullas dirixíronse ao lugar.

Unha vez alí, os policías comprobaron como a vivenda estaba ocupada por dúas persoas, unha muller e un home de 20 anos e 24, respectivamente, que unha vez identificadas constáballes unha reclamación xudicial por un xulgado de Vilalba.

COVID

As mesmas fontes policiais detallaron que entraran no piso pola mañá, o cal estaba “en plenas condicións para ser habitado”, e os mozos ocupas manifestaron “que tiñan Covid para evitar ser detidos”.

Finalmente, por todo iso foron detidos e trasladados á Comisaría da Policía Nacional en Lugo, onde ingresaron en calabozos á espera de ser postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...