InicioA UlloaO desabastecemento de bebidas de importación, vidros e cartóns chega a Lugo

O desabastecemento de bebidas de importación, vidros e cartóns chega a Lugo

A Asociación de Distribuidores de Lugo augura un mal Nadal e apunta tamén aos estragos debido aos baixos niveis de persoal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación de Distribuidores de Lugo (ADISLUGO), Eloy García, confirmou que o sector na provincia xa se encontra con problemas de “desabastecemento” de bebidas e viños de importación,vidros e cartóns.

Un problema que se vinculou co atasco de mercadorías no tráfico marítimo. García constatou igualmente que o futuro do sector é “moi incerto”. “Aínda que este 2021 foi mellor que o pasado, aínda así imos pechar cunhas vendas un 20 por cento menores que en 2019“, sinalou.

A isto súmase “o problema de subministracións” que describe como “terrible”. Estamos mal a nivel de bebidas e viños de importación que non temos e estamos a tirar de stock e tampouco hai vidros, nin cartóns”, certificou. Xa aventura que van pasar “un malo nadal, podendo vender e non imos poder vender”. “A ver si conseguimos que se manteña parte das capacidades e traballar en Nadal”, desexou.

Outro aspecto que fai estragos no sector da distribución é o empleo dado que “non estamos nos niveis de persoal do ano 2019, máis ou menos temos un 20 por cento menos de traballadores”. “Temos que manter o persoal estable aínda que vendamos a metade”, queixouse.

Na provincia de Lugo traballan ao redor de 120 empresas de distribución, de todos os “ámbitos”, que este fin de semana, sábado e domingo, celebrarán unha “Feira profesional de distribuidores” no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo con máis dun centenar de “casetas” de distintos produtos relacionados co sector.

ÚLTIMAS

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...