InicioLugo e contornaLugoXulgan un home por violar á súa parella en Lugo

Xulgan un home por violar á súa parella en Lugo

Piden 17 anos de prisión para el.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home enfróntase a unha petición de 17 anos de cárcere por abusar sexualmente da súa parella, á que tamén maltratou física e psicoloxicamente a través de insultos e ameazas. Por estes feitos, Fiscalía solicitará unha pena de 17 anos de prisión no xuízo que arrincará o vindeiro venres 26 de novembro na Audiencia Provincial de Lugo.

Ao procesado, de nacionalidade romanesa e que xa cumpriu condena anteriormente por episodios similares aos que se enfronta nesta ocasión, impútanselle delitos de ameazas, un continuado de agresión sexual, malos tratos vexacións inxustas e malos tratos habituais. Segundo o escrito de acusación, o acusado saíu en prisión a finais de 2019, momento no que se puxo en contacto coa vítima, á que reclamou baixo ameazas que se desprazase a Lugo para retomar a súa relación.

Esta última presentouse na Cidade das Murallas o 29 de abril e empezou a vivir co seu suposto agresor nunha casa abandonada. Durante as seguintes semanas, o home obrigaba á vítima, tamén baixo ameazas, a ter relacións sexuais varias veces ao día. Na tarde do 15 de maio de 2019, despois de forzar á muller a ter sexo sen preservativo, o acusado apareceu nas inmediacións do parque da Igrexa da Carmen onde se atopaba a vítima.

Alí, empezou a agredila con puñadas e patadas mentres, segundo Fiscalía, dicíalle “que ou estaba con el ou ninguén a querería”, ademais de ameazala con desfigurarle a cara. Esa tarde, a vítima recibiu unha malleira da que tardou 21 días en recuperarse. Dous días máis tarde, o home foi detido e por auto do xulgado ordenouse o seu ingreso en prisión provisional, onde se mantén á espera do xuízo que terá lugar a partir do próximo venres.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...