InicioSociedadeAdxudicadas as obras na contorna da igrexa de San Xulián do Camiño,...

Adxudicadas as obras na contorna da igrexa de San Xulián do Camiño, en Palas

O Goberno investirá 294.000 euros nestas actuacións, enmarcadas nun plan de apoio ao Camiño de Santiago

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana dedicará un investimento superior a 294.000 euros para a recuperación da contorna da igrexa de San Xulián do Camiño, no concello de Palas de Rei, segundo anunciou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

Esta iniciativa enmárcase no programa de actuacións do Goberno de Pedro Sánchez en apoio do Camiño de Santiago, segundo informou a subdelegada.bNeste caso, as obras teñen por obxecto a revalorización do conxunto formado pola igrexa e o seu cemiterio. Con esta intervención, trátase de prolongar a pavimentación existente na zona central do núcleo ata o ensanche do Camiño.

O proxecto tamén inclúe o soterramento das instalacións urbanas e a dotación dunha iluminación máis discreta que evite o impacto visual das actuais luminarias. As obras foron adxudicadas na cantidade de 294.587 euros á empresa Vipeca Obras e Servizos.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...