InicioSociedadeA Deputación abre un banco de imaxes de acceso libre e gratuíto...

A Deputación abre un banco de imaxes de acceso libre e gratuíto para todos

O banco contén un total de 48 imaxes de A Mariña, Ancares-Courel, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, informa de que a Deputación de Lugo abriu un banco de imaxes da provincia de acceso libre e gratuíto para todos os concellos, empresas, entidades ou calquera persoa interesada. Son un total de 48 imaxes dos catro xeodestinos de Lugo: A Mariña, Ancares-Courel, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra.

“Son fotografías gratuítas que responden aos máis altos estándares de calidade, que poderán usar todas aquelas persoas interesadas para o fin que consideren. Nós queremos facilitarlle o traballo diario a moitas organizacións, locais de hostalería ou pequenos autónomos, entre outros, para poder enriquecer os seus contidos en redes sociais ou en publicacións”, explica a Deputada.

García Porto sinala que “con este banco de imaxes ofrecemos a todas aquelas persoas, entidades públicas ou privadas e a medios de comunicación un contido único e de calidade que poderán utilizar para o seu uso comercial ou persoal”.

As persoas interesadas en facer uso das imaxes da provincia deben cubrir un formulario que poden atopar na web de Turismo da Deputación (turismo.deputacionlugo.gal/) e envialo ao correo electrónico turismo@deputacionlugo.org indicando que fotografías se desexan empregar no proxecto. Unha vez recibido o correo o servizo valorará a proposta e enviaranse as imaxes en máxima calidade e sen marca de auga.

 

ÚLTIMAS

Tres encarapuchados agreden e rouban a un mozo en plena Muralla

A Policía Nacional mantén aberta unha investigación tras a denuncia presentada por un mozo que asegura...

Nova edición do Arde Lucus con hoteis e restaurantes ao completo

Lugo quenta motores para celebrar a partir deste xoves a festa do Arde Lucus,...

O goberno de Lugo aproba obras en infraestruturas do rural por 650.00 euros

A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobou este venres varias actuacións en...

Un pai conducía ebrio cos seus tres fillos menores en Lugo

A Policía Local de Lugo interceptou a semana pasada a un pai que conducía...