InicioLugo e contornaLugoO PSdG lugués leva ó Congreso un plan anti-suicidio para facer fronte...

O PSdG lugués leva ó Congreso un plan anti-suicidio para facer fronte ó impacto psicolóxico da covid

Galicia é a segunda comunidade do Estado con maior índice de suicidios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro avanzaron hoxe, en rolda de prensa, que o Grupo Socialista rexistrou unha proposición no Congreso coa que reclaman mellorar a estratexia da saúde mental das persoas como consecuencia do impacto do COVID-19.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación na sede socialista de
Lugo sinalaron que a proposta rexistrada demandan actualizar a estratexia da
saúde mental, a prevención do suicidio entre as liñas mais estratéxicas, a
detención precoz na infancia e na adolescencia así como previr os efectos
negativos do COVID, entre os asuntos máis importantes.

Ana Prieto lembrou ademais, que segundo os últimos estudios, Galicia é a
segunda comunidade autónoma con maior índice de suicidios. “Por iso son
necesarias medidas de prevención e de detención precoz, tanto nos maiores,
nos mozos e na infancia”.

Explican que trala pandemia do COVID, “entre as situacións de vulnerabilidade
temos que ter en especial consideración a saúde mental da poboación”. Na
actualidade calcúlase que se producen en torno a 800.000 mortes por causa de
suicidio en todo o mundo. Segundo datos da Organización Mundial da Saúde
(OMS), o suicidio é a segunda causa de morte para a poboación mundial de
entre 15 e 29 anos e proxéctase que a depresión ocupará o primeiro lugar na
carga global de mobilidade en 2030.

A Voceira de Sanidade explica que “o estatus social e a brecha por sexo están
presentes en todos os indicadores de saúde mental da poboación adulta. E non
cabe dúbida que as problemáticas de saúde mental merman as oportunidades
das persoas afectadas para unha igualdade real efectiva no exercicio dos seus
dereitos ao traballo, a educación, e benestar físico, mental e emocional
necesario para o desenvolvemento persoal e colectivo”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...