InicioPolíticaOs socialistas presumen de músculo institucional na provincia de Lugo

Os socialistas presumen de músculo institucional na provincia de Lugo

O cambio de cor no goberno central permite ao PSdeG contar coa maquinaria ministerial e concentrar os postos con peso administrativo e mediático en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O triunfo da moción de censura deu non só o a presidencia a Pedro Sánchez, tamén a facultade de nomear todos os cargos de libre designación que dependen dos ministerios. Os socialistas teñen na man dispoñer dunha vasta rede estatal, con amplas responsabilidades administrativas e, non menos importante, visibilidade pública.

Este novo escenario permite ao Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) concentrar en Lugo unha importante cota de poder. Contaban xa coa presidencia da Deputación e as alcaldías de catro das cinco poboacións máis importantes da provincia, incluída a capital. Agora teñen á súa disposición a Subdelegación do Goberno, da que é responsable Isabel Rodríguez López.

A extenente de alcalde do concello de Viveiro visitou este mércores o Pazo de San Marcos. O presidente da Deputación, Darío Campos, fíxolle entrega dunha arracada, xoia de ourivaría prerromana elaborada na provincia. O primeiro encontro institucional entre estes dous representantes foi mera cordialidade, pero serviu para facer unha demostración de forza. Rodríguez López é amais a primeira muller en asumir este cargo.

Quedan aínda movementos pendentes na estrutura gubernamental, malia que algúns soen manter o perfil técnico e non varían segundo o inquilino da Moncloa. Do ministerio de Traballo dependen tanto a dirección provincial da Seguridade Social como a do Servizo Público de Emprego. Outros postos fundamentais en Lugo son os da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o Instituto Social da Mariña, a Capitanía Marítima de Burela, ou o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal), dependente do titular de Agricultura, Pesca e Alimentación.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...