InicioSociedadeA Deputación convoca 3 días de loito polo deceso de Julio Ulloa...

A Deputación convoca 3 días de loito polo deceso de Julio Ulloa Vence

Ocupou a Presidencia provincial entre 1963 e 1965, durante a ditadura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, manifestou este sábado o seu pesar polo falecemento este venres de Julio Ulloa Vence, quen ocupou a Presidencia provincial entre 1963 e 1965, durante a ditadura. Ademais, a institución convocou tres días de loito oficial, que coinciden co período de loito estatal polas vítimas da pandemia da COVID-19.

Ulloa Vence, que foi o presidente provincial máis novo de España naquel momento, naceu no municipio de Taboada en 1930 e formouse como enxeñeiro agrónomo.

Ademais de presidir a Deputación, a súa carreira política levouno a ser senador pola Unión de Centro Democrático (UDC) na Lexislatura Constituínte, entre 1977 e 1979, para posteriormente ocupar un escano no Congreso e unha concellaría no Concello de Lugo.

José Tomé promoveu a aprobación dunha declaración institucional na que a Deputación lembra que a súa etapa á fronte da institución “formou parte dunha longa traxectoria profesional e política” que fai que Ulloa Vence “ocupe unha parte importante da historia da provincia”.

O presidente provincial acudiu aos actos fúnebres celebrados ao longo deste sábado e trasladou as súas condolencias e afecto aos seus achegados.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...