Víctor Gutiérrez: “Arrepíntome de non dicir antes que son homosexual”

O waterpolista internacional é un dos reclamos do Orgullo en Madrid, e estivo na manifestación que percorreu Lugo a prol dos dereitos do colectivo LGTBIQA+

Víctor Gutiérrez na manifestación do Orgullo LGTBIQA+ en Lugo | Óscar Bernárdez
Víctor Gutiérrez na manifestación do Orgullo LGTBIQA+ en Lugo | Óscar Bernárdez

Víctor Gutiérrez (Madrid, 1991) é waterpolista internacional e mundialista. É graduado en Xornalismo e Comunicación Audiovisual. Pero nomeadamente é o primeiro deportista español de elite en falar abertamente da súa homosexualidade. Este xoves foi un dos pregoeiros do Orgullo 2018 en Madrid. Cándido, directo e natural, é xa un referente para quenes procuran respaldo nunha figura pública, alguén que malia os prexuízos que arrodean o deporte decidiu saír do armario e contar a súa historia.

As implicacións dun deportista internacional non son as mesmas. Cando soubeches que estabas listo para dar o paso e falar publicamente?

Foi un proceso natural. A idea de facelo público rondaba a miña cabeza dende hai un par de anos. O que pasaba era que non atopara a confianza abondo para afrontar o paso, porque supoñía poñerme no ollo do huracán, podía traer cousas boas pero tamén malas. Chegou un momemento no que tiña moitísima estabilidade profesional e no meu círculo de amizades, estaba con confianza cos meus compañeiros de equipo e selección, e comprendín que máis ca un capricho persoal, era unha responsabilidade.

Sempre que se fala de deporte e homosexualidad é porque se fala dalgo negativo, dun abuso, dunha agresión. E está moi ben expresar o malo, hai que facelo, pero tamén falar do bo; a miña experiencia no deporte de elite coma homosexual é moi positiva, e coido que é importante que haxa referentes positivos. Esa é a mensaxe que quero transmitir á xente que vén por debaixo, que podes ser homosexual e non pasa nada, podes desenvolverte na túa profesión, incluso no deporte.

Víctor Gutiérrez durante a conferencia do Vello Cárcere de Lugo | Óscar Bernárdez
Víctor Gutiérrez durante a conferencia do Vello Cárcere de Lugo | Óscar Bernárdez

Ás veces o problema é a familia.

Claro, é super importante sentirse respaldado polas persoas que queres. A familia é a que sempre estará aí, a que nunca te vai fallar, e desgraciadamente pasa en moitas familias que ao coñecer esta nova dan as cóstas aos seus fillos. Eu o que tento trasladar é que, alén de que asentir o apoio da familia é importante, tamén se consigue cando respetan as túas decisións, non hai que ter medo a amosarse como un é, teñen que vernos como somos. Dicíndoo.

E sabendo a reacción, desexarías que o houbeses dito antes?

Arrepíntome de non dicilo antes. Estaba preparado para recibir tanto críticas boas como negativas, pero non me atopei con críticas negativas nin mensaxes desagradábeis nas redes sociais, onde os seguidores aumentan exponencialmente. As redes sociais acercáronme a outras persoas e historias, e decátome da cantidade de sufrimento que hai en tantos sitios por algo tan absurdo como é a orientación sexual de cada un. Arrepíntome de non facelo antes para poder axudar a outras persoas antes.

Víctor Gutiérrez na manifestación do Orgullo 2018 a prol dos dereitos do colectivo LGTBIQA+ en Lugo | Óscar Bernárdez
Víctor Gutiérrez na manifestación do Orgullo 2018 a prol dos dereitos do colectivo LGTBIQA+ en Lugo | Óscar Bernárdez

Eres unha icona?

Si que é certo que foi unha consecuencia mudar en referente, para mozos e mozas máis xoves, que ven que pódese ser homosexual e deportista ao primeiro nivel. O meu proceso foi bastante natural e sinxelo; pero se cando tiña 13 ou 14 anos mirase a un deportista de elite dar a cara e dar un paso á fronte, sería un pouco máis fácil. É importante que pouco a pouco os deportistas vaiamos sendo máis visibles e lancemos a mensaxe de que no deporte cabe todo o mundo, e o que menos importa é ser homosexual.

Haberá un punto de inflexión en canto ás liberdades sexuais, como houbo co feminismo o 8-M?

Eu penso que isto é un tren que arrancou e que é imposible de deter. Sen dúbida o movemento feminista ten moito que ver co LGTBI, coido que elas teñen a chave, sen dúbida. Isto avanza malia que hai moito que cambiar, hai moitas materias nas que imos cara adiante. En menos do que pensamos, este tipo de cousas, coma que un deportista saia do armario, pasarán a ser anécdotas. Cambiarán seguro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here